Brillante papel dos canteiráns do TM Monte Porreiro no Top 8 Nacional
Por Redacción
A cidade de Narón acolleu esta fin de semana o Top 8 Nacional no que os canteiráns do Tenis de Mesa Monte Porreiro Mariña García e Matías Bentancor brillaron con luz propia.
A xogadora de categoría infantil terminou o seu concurso en sétima posición igualada coa quinta clasificada, mentres que o alevín tivo que conformarse coa sexta posición pero tamén co orgullo de ser o único xogador capaz de derrotar ao campión.
Doutra banda, no mesmo escenario celebrouse o campionato galego no que os xogadores pontevedreses tiveron moito máis protagonismo. Judith Cobas fíxose co ouro, Pedro Fernández, coa prata; e Noa Bernárdez e Claudia Canay, co bronce.
En dobres, Canay e Bernárdez lograron subirse todo o máis alto do podio, mentres que Judith Cobas e Laura FOrte, acabaron segundas.
O próximo reto que afrontarán os xogadores do TM Monte Porreiro é o mundial que se celebrará en Platja d'Aro, en Barcelona, entre o 9 e o 15 de maio, no que estarán os prometedores Laura Forte, Mariña García e Matías Bentancor para representar a España. A adestradora que os acompañará é Judith Cobas.
Relacionadas:
-
O xogador do TM Monte Porreiro Matías Bentancor, concentrado con la Selección Española para el Euro Mini Champs 2023
Por Redacción |
-
O Tenis de Mesa Monte Porreiro deixa o seu selo no Torneo Internacional Cidade de Porto
Por Redacción |
-
O Monte Porreiro pecha a liga con vitoria contra o Alzira
Por Redacción |
-
O TM Monte Porreiro supera o invicto Priego e sela a súa clasificación europea (4-1)
Por Redacción |