Festa do ascenso co Pontevedra B no Manolo Barreiro
Por Cristina Saiz
O Manolo Barreiro viviu este domingo unha auténtica festa coa celebración do ascenso a Terceira RFEF do Pontevedra B.
O filial granate, que certificara o salto de categoría a falta de tres xornadas para a conclusión da liga, aproveitou o encontro ante o Cultural Areas (0-0) para que a súa afección os acompañáse neste broche de ouro á gran tempada realizada.
O último partido dos xogadores de Jesús Ramos disputarase o vindeiro domingo en xornada unificada (17:00) no campo do Céltiga.