O Open Cidade do Lérez celebra este sábado en Príncipe Felipe a súa edición máis numerosa
Por Redacción
O pavillón de Príncipe Felipe acollerá ao longo de todo este sábado 3 de xuño a celebración do Open de taekwondo Cidade do Lérez que desde o ano 2011 organiza en Pontevedra o club Taekanart.
Entre as 9 e as 21 horas daranse cita no pavillón pontevedrés máis de 400 deportistas das categorías infantil, precadete, cadete, júnior e sénior que pelexarán polo triunfo na modalidade de combate nun Open que, ao ser unha das últimas probas puntuables, resultará decisivo para a clasificación para o próximo campionato de España.
"De aí o aumento d participación", argumentou a vicepresidenta da Federación Galega de Taekwondo durante a presentación do evento.
Dita presentación tivo lugar este xoves no Concello de Pontevedra, na que estiveron presentes o concelleiro de Deportes en funcións, Tino Fernández; o presidente do club organizador Toño Ríos; e a vicepresidenta federativa, Noelia Pérez.
"O prestixio que este campionato acadou nos últimos anos faino goloso para clubs, non só de toda Galicia, tamén do resto do Estado e de Portugal", destacou o edil. De feito, esta edición é a máis numerosa e conta coa participación de taekwondistas pertencentes a 34 clubs procedentes de Canarias, Asturias, Palencia e do país veciño.
"Veremos un taekwondo de moi alto nivel", asegura Toño Ríos, presidente do Taekanart, lembrando que este Open servirá tamén para decidir os integrantes das distintas seleccións galegas que participarán nos nacionais.
Relacionadas:
-
Taekwondo e espírito do Nadal unidos no Príncipe Felipe
Por Redacción |
-
Pontevedra celebra a festa do taekwondo co Open Cidade do Lérez
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
O Open Cidade do Lérez de Taekwondo regresa "con moita forza"
Por Diego Espiño |
-
O Taekanart recibe a máis de 300 deportistas para o Open Cidade do Lérez
Por Sofía Lorenzo |