Correndo por Lúa no 50 aniversario do CD Burgo
Por Redacción & Cristina Saiz
Con motivo da celebración do cincuenta aniversario do equipo de fútbol CD Burgo, o campo de fútbol da Seca converteuse en escenario dun triangular entre o club, os veteranos do Pontevedra CF e os do Celta de Vigo e que serviu para dar visibilidade rara que sofre Lúa Durán, unha nena que padece artrogripose múltiple conxénita, unha doenza moi rara derivada do Z. A. R. D., unha mutación no xene Zc4h2 considerado ultrararo e que en España só se rexistraron tres casos.
O evento solidario serviu para dar apoio a todas as familias que viven coa discapacidade e as súas dificultades do día a día, os seus pais crearon o movemento #YocorroporLúa, que ten como obxectivo conseguir fondos para a investigación e para traballar no deporte inclusivo.
Por ese motivo, numerosos afeccionados deste deporte acudiron á cita para apoiar a causa e gozar desta xornada deportiva que se resolveu en tres partidos, de dous partes de 25 minutos cada unha. No primeiro cruzamento enfrontáronse o Pontevedra CF e o CD Burgo, despois víronse as caras granates e celestes e pechou a xornada o partido entre o club organizador e o Celta.
Ao finalizar os encontros, houbo unha sesión vermú con actuación musical, sorteo das rifas e a entrega de premios e trofeos.