185 escolares e adultos participan na Pedalada da ANPA San Xosé de Campolongo
Por Cristina Saiz & Redacción
Este luns 5 de xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente, por este motivo a asociación de Nais e Pais San Xosé do Colexio Campolongo de Pontevedra celebraba este domingo, véspera da conmemoración, unha actividade saudable baseada na utilización de vehículos non contaminantes, principalmente a bicicleta, dentro da 18 edición da Pedalada.
Desta forma, numerosos escolares, de entre 6 e 12 anos do centro escolar, coas súas pequenas bicicletas ou con monopatines realizaban un percorrido polo centro da cidade nunha xornada de convivencia. Numerosos familiares acompañaban aos pequenos do mesmo xeito que o equipo de veteranos do Grupo Deportivo Ciclista Froiz.
A intención é fomentar o uso de medios de dúas rodas sen motor que permitan realizar un traslado limpo e sostible. O traxecto polo centro da cidade partindo do Colexio Campolongo fíxose a un ritmo máximo de 20 km/h. adaptándose ás posibilidades de cada participante.
Unha vez finalizado o percorrido de media hora, celebrouse un sorteo de agasallos entre os escolares e o animador Javi Solla axudou a que os ciclistas recuperasen forzas.