Pontevedra repetirá este 2023 como unha das sedes da Copa de España de Ciclocrós
Por Redacción
O Gran Premio Cidade de Pontevedra de Ciclocrós repetirá no calendario da próxima edición da Copa de España da especialidade tras ser incluido no calendario aprobado este luns pola Comisión Delegada da Real Federación Española de Ciclismo.
O evento, que por terceiro ano consecutivo contará con catalogación de categoría internacional C1, celebrarase o próximo 7 de outubro, sendo unha nova oportunidade para axustar detalles organizativos de fronte ao Campionato de Europa de 2024 que terá lugar no circuíto da Illa das Esculturas.
A de Pontevedra será a segunda cita puntuable do certame nacional, que se estreará o 1 de outubro co XIII Trofeo Villa de Gijón.
O calendario completo da Copa de España é:
- XIII Trofeo Villa de Gijón (1 outubro)
- Gran Premio Cidade de Pontevedra (7 outubro)
- Gran Premi Ciclocros Les Franqueses-KH7 (29 outubro)
- XXX Ciclocross Internacional de Karrantza (5 novembro)
- XI Criclocross Ciudad de Alcobendas (19 novembro)
- Ciclo-cross Ciudad de Xativa (16 decembro)
- XXVI Cyclocross Internacional Ciudad de Valencia (17 decembro)
Relacionadas:
-
O Supermercados Froiz de Ciclocrós, a por unha tempada "con moitas posibilidades" de éxito
Por Almu Dapena & Mónica Patxot |
-
O Xaxán CX Internacional, a guinda para unha fin de semana de ciclocrós na comarca
Por Redacción |
-
Triplete XSM-Froiz no arranque da Copa de España de Ciclocrós
Por Redacción |
-
Cinco medallas para Froiz e XSM no Campionato de España de Ciclocrós
Por Almu Dapena |
-
Lucía González e Ryan Kamp gañan o Gran Premio Cidade de Pontevedra de ciclocrós
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Pontevedra e o "efecto contaxio" para o ciclocrós galego
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra pasa con nota a inspección da Unión Europea de Ciclismo de cara ao Campionato de Europa de Ciclocrós 2024
Por Diego Espiño |
-
Asinado en Madrid o convenio que concede a Pontevedra o Europeo 2024 de Ciclocrós
Por Diego Espiño |
-
Xa é oficial, o Campionato de Europa de Ciclocrós 2024 celebrarase en Pontevedra
Por Diego Espiño |