Galicia xa traballa sobre o céspede pensando no seu debut na Fase Final da Copa de Rexións UEFA
Por Redacción
A Selección Galega de Fútbol Afeccionado conta xa as horas para a súa estrea na Fase Final da Copa de Rexións UEFA que se vai a disputar nas Rías Baixas.
O combinado autonómico dirixido por Iván Cancela iniciou este mércores a súa concentración en Sanxenxo e protagonizou a súa primeira sesión de adestramentos, no campo da Senra en Ribadumia.
Os 20 futbolistas convocados para o torneo estaban citados ás 18.30 horas no campo de adestramento, para posteriormente desprazarse ata o hotel Carlos I Silgar de Sanxenxo para establecer a súa base durante o campionato.
O seu debut chegará o venres día 9 (19.00 horas) fronte á República de Irlanda Amateur, unha estrea que preparan xa con ambición e esperando un importante apoio desde as bancadas do campo de Burgáns, en Cambados, onde se disputará o duelo.
A entrada para ese encontro, igual que para o resto de choques da competición, será de balde para o público.