Xornada de paddle surf este domingo en Marín coa celebración da Aguete SUP Race
Por Redacción
A praia de Aguete, en Marín, encherase este domingo de táboas de paddle surf coa celebración da Aguete SUP RACE.
Este sábado, a pé de praia, a alcaldesa, María Ramallo, e o concelleiro Antonio Caíña presentaron este evento, que celebrará dúas competicións a nivel galego que traerán a case 90 deportistas á vila marinense, algúns procedentes de Asturias, Euskadi e Portugal, entre outros lugares.
Na mañá do domingo desputarse o campionato de velocidade en mar, establecido en quendas eliminatorias e consistente en que os participantes saian desde a praia e percorran unha distancia de 100 metros, ida e volta.
Xa á tarde celebrarase a proba de longa distancia, realizando un percorrido desde a praia de Aguete e que vai costeando todas as praias de Marín ata a dársena da Escola Naval Militar, para despois dar a volta á illa de Tambo e volver de novo a Aguete.
Desde a organización confían en que será unha xornada moi lúdica na que ademais acompañan perfectamente as previsións meteorolóxicas.
Relacionadas:
-
O paddle surf máis inclusivo practícase en Aguete
Por Redacción |
-
Izadas as 17 bandeiras azuis nas praias de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Marín dá a benvida ao verán co izado de Bandeiras Azuis e o inicio do servizo de socorrismo nas praias
Por Redacción |
-
Mogor contará cun aquapark flotante de máis de 800 metros cadrados de superficie
Por Oskar Viéitez |