Izadas as 17 bandeiras azuis nas praias de Sanxenxo
Por Redacción
Sanxenxo izou este mediodía de forma simultánea as súas 17 bandeiras azuis en praias. O distintivo de calidade e seguridade nos areais xa ondea na Lapa, Area de Agra, Areas, Areas Gordas, Baltar, Bascuas, Canelas, Caneliñas, Foxos, Major, Montalvo, Nosa Señora, O Espiñeiro-A Lanzada, Panadeira, Paxariñas, Pragueira e Silgar.
No acto participaron os concelleiros do goberno, os edís do PSOE e membros do sector turístico. Os concelleiros do BNG declinaron a invitación.
O alcalde, Telmo Martín, foi o encargado de izar a bandeira azul en Silgar. "É un orgullo para min representar a un dos concellos que máis bandeiras azuis ten de Europa polo significado que este distintivo conleva tanto na calidade como na seguridade das praias", dixo.
Na mesma liña, sinalou que "é un recoñecemento ao esforzo e ao traballo de todas esas persoas que fan que sexamos o destino líder no verán no norte de España".
No resto de areais, os encargados de izar as bandeiras foron na Lapa, o concelleiro de Medio Ambiente, Servizos e Mantemento, Yago Torres; en Area de Agra, a concelleira de Cultura e Eventos, Elena Torres; en Areas, o presidente do CETS, Alfonso Martínez; en Areas Gordas, o concelleiro de Deportes, Xuventude e Voluntariado, Marcos Guisasola; en Baltar, o presidente do Club de Piragüismo de Portonovo, Alberto Rodríguez; en Bascuas, o concelleiro do PSOE, Antonio Cacabelos; en Canelas, o concelleiro de Turismo, Juan Deza; e en Caneliñas, a concelleira de Economía, Facenda e Persoal, Paula Martínez.
En Foxos foi o concelleiro do PSOE, Ladislao Viñas; en Major, o concelleiro do PSOE, Fernando Otero; en Montalvo, a representante de Entretendas, Cochi Horro; en O Espiñeiro-A Lanzada, o concelleiro de Seguridade Cidadá e Emerxencias, Xoán Pérez; en Nosa Señora, a concelleira de Educación, Natividade Parada; en Panadeira, a concelleira de Planificación Urbanística e Vivenda, María Deza; en Paxariñas, a presidenta de Aviturga, Dulcinea Aguín, e en Pragueira, presidenta da Asociación da Praza de Abastos de Portonovo, Loli Deza.
O esforzo económico e de persoal que dedica anualmente Sanxenxo ás súas praias rolda os 1,2 millóns de euros. Un investimento que permite mellorar os servizos e garantir a seguridade nas súas praias.
Relacionadas:
-
Lixeira baixada de pernoitadas hoteleiras en xuño respecto a 2022 en Sanxenxo
Por Redacción |
-
Sanxenxo elabora un plan de prevención e seguridade para casos de emerxencia nas praias
Por Redacción |
-
Sanxenxo presume de sendeiros azuis: “A fusión da paisaxe, a tradición e o patrimonio fan este espazo único no mundo”
Por Redacción |
-
O parking de Nauta recada máis de 53.600 euros, o mellor mes de xuño desde a súa apertura
Por Redacción |
-
47 obradoiros artesanais galegos venden as súas pezas nunha tenda efémera en Sanxenxo
Por Redacción |
-
A praia fluvial de Monte Porreiro e a de Ponte Sampaio contarán con servizo de socorristas até o 31 de agosto
Por Redacción |
-
As praias de Vilagarcía xa están vixiadas polos socorristas
Por Redacción |
-
Xornada de paddle surf este domingo en Marín coa celebración da Aguete SUP Race
Por Redacción |
-
A Xunta restaurará a capela da illa de Cortegada
Por Oskar Viéitez |