Lixeira baixada de pernoitadas hoteleiras en xuño respecto a 2022 en Sanxenxo
Por Redacción
Sanxenxo rexistraba durante o mes de xuño deste ano un total de 78.322 pernoitadas hostaleiras, un 6,31% menos que no 2022, segundo os datos que este luns publicaba o Instituto Nacional de Estatística no balance de Conxuntura Turística Hostaleira.
A maioría de visitantes eran de orixe española. 15.449 persoas pertencían a poboación estranxeira mentres que 62.873 das persoas que figuran nestes datos eran españolas.
Neste balance non figuran as casas rurais, cámpings, apartamentos turísticos ou segundas residencias, segundo lembra o Concello de Sanxenxo.
O estudo reflicte a apertura de 75 establecementos de aloxamento e un grao de ocupación media por prazas do 45,97% cun incremento ao 56,19% durante as fins de semana.
O Concello sinala que, segundo os datos da Consellería de Traballo, Sanxenxo liderou en xuño a caída do paro na comarca cunha taxa de desemprego do 6,45% sobre unha poboación activa de 7.930 persoas. O mes pechouse con 511 desempregados, 72 persoas menos que en maio.