Conclave do fútbol galego en Santiago para valorar o inicio das novas tempadas en Primeira e Segunda Federación
Por Redacción
A Real Federación Galega de Fútbol, co seu presidente Rafael Louzán á fronte, organizou este mércores na sede federativa de Santiago de Compostela un encontro de traballo cos representantes dos clubs galegos que a próxima campaña militarán na Primeira e Segunda Federación.
Á reunión asistiu, en representación do Pontevedra CF, o directivo Roberto Feáns, que estivo acompañado polos representantes do RC Deportivo, RC Celta, CD Lugo, CD Arenteiro, SD Compostela, Racing Club Villalbés e Ourense CF.
Desde o Coruxo FC disculparon a súa ausencia nesta convocatoria. Na mesa tamén estiveron Diego Batalla, secretario xeral da Real Federación Galega de Fútbol, e Juan Carlos García, responsable de licenzas.
O encontro de traballo serviu para tratar diferentes aspectos relacionados coas competicións tales como a exitosa distribución definitiva dos grupos (a proposta presentada por Galicia foi a máis votada), as axudas que reciben anualmente os clubs por parte da RFEF, as bases da propia competición e outros temas relacionados coas licenzas.
O obxectivo común, tanto da RFGF como dos clubs galegos, non é outro que continuar estreitando lazos entre todas as entidade de referencia que compiten en categoría nacional e defender xuntos os intereses do fútbol galego.