Aparece unha zona calcinada no campo de herba sintética da Reiboa
Por Redacción
Un espazo do pavimento do campo de herba sintética da Reiboa aparecía calcinado nestes últimos días. O tema foi trasladado por Marga Caldas, portavoz do BNG, á comisión de Urbanismo de Poio para preguntar sobre as causas desta incidencia, tras recoller queixas veciñais.
Temen que se deba a un acto vandálico no que se prendeu lume na contorna do campo ou á celebración dunha fogueira de San Xoán nese espazo e reclaman unha explicación.
O BNG solicita tamén ao goberno local a previsión para cambiar o céspede nese tramo ou actuar de maneira que se poidan reparar os danos.
Segundo indica a anterior responsable de infraestruturas deportivas en Poio, este pavimento é de última xeración e foi rehabilitado neste 2023 para ofrecer unha mellor calidade das instalacións durante as prácticas deportivas.