Andrea Mirón despide a tempada de fútbol praia logrando o título de liga e de Copa Federación co Melilla
Por Almu Dapena
A pontevedresa Andrea Mirón pechou a tempada proclamándose campioa de Primeira División feminina e de Copa Federación de fútbol praia co CD Higicontrol Melilla tras superar ao Cacereño en senllas quendas de penaltis.
Puideron as de Melilla despedirse co triplete, pero as de Cáceres fixéronse co título de Supercopa tras impoñerse por 1-2.
Na disputa polo título de liga, celebrado na area de La Costilla, en Cadiz, os dous mellores equipos nacionais de fútbol praia víronse as caras para deleitar aos centos de espectadores cun auténtico espectáculo que concluíu con vitoria para o Higicontrol por 5-4 nos penaltis, tras finalizar o encontro con empate a dous e goles de Jessica e Carol para o Melilla e Edna e Corbacho para o Cacereño.
Víronse as caras por segunda vez ambos os quipos para loitar pola Copa Federación nun encontro no que se repetiu o mesmo resultado que en liga: 2-2 no tempo regulamentario e 4-5 na quenda de penaltis, con dobrete de Edna para o Cacereño e goles de Bárbara Colodetti e Andrea Mirón para o Melilla, logrando o equipo de Mirón levantar outro trofeo.
Con Liga e Copa xa no peto, o equipo da pontevedresa buscaba o triplete co título de Supercopa, unha vez máis, contra o Cacereño. Con todo, esta vez a moeda caeu no lado contrario e o Melilla viuse superado no último minuto cun gol de María Ferreiro que deu o triunfo ás de Cáceres por 1-2.
Relacionadas:
-
Andrea Mirón queda ás portas de ser nomeada mellor xogadora de fútbol praia do mundo
Por Diego Espiño |
-
Andrea Mirón, ouro coa selección de fútbol praia tras superar a Ucraína na final dos Xogos Europeos
Por Almu Dapena |
-
A pontevedresa Andrea Mirón, campioa do Mundialito de fútbol praia
Por Redacción |