Carolina Riveiro tamén seguirá no Arxil
Por Redacción
O Club Baloncesto Arxil dará continuidade ao bloque co que a pasada tempada pelexou na Liga Feminina 2 polo ascenso de categoría.
Tras un bo número de renovacións anunciadas xa en datas recentes, este luns tocoulle a quenda á confirmación da continuidade de Carolina Riveiro.
A xogadora portuguesa é a oitava peza confirmada no conxunto verde, uníndose a Margarita Moreira, Heather Forster, Andrea Glomazic, Mirian García, Nerea Liste, Nena Trajchevska e Cristina Díaz-Pache, ademais da canteirá Aldara Vázquez que compaxinará presenzas no primeiro equipo e no filial.
Riveiro é ademais unha xogadora importante na rotación de Mayte Méndez, como demostran os seus números do curso pasado, que pechou con 11,4 puntos de media e 29,15 en cancha por partido.
Ademais destes movementos o Arxil espera pechar nos próximos días a fichaxe dunha xogadora "nova, con moita progresión, con calidade e nacional", explicaron desde o club pontevedrés.