O fútbol feminino galego rende homenaxe a Tere Abelleira
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
A Real Federación Galega de Fútbol (RFGF) ofreceu a Tere Abelleira "a homenaxe que merece toda unha campioa do mundo". Foi un recoñecemento de todo o fútbol feminino galego porque xa estaba prevista unha reunión para este día da Comisión de Fútbol Feminino e xusto despois tamén estaban convocados todos os clubs de fútbol feminino de Galicia a unha reunión para coñecer o plan competicional da tempada 23-24.
Tere desprazouse directamente desde Peinador ata a sede da Delegación de Pontevedra da Real Federación Galega de Fútbol, onde tamén a esperaban nenas e mozas futbolistas.
Durante o acto, o salón de actos e aula de formación da sede federativa de Pontevedra foron bautizados co nome de Teresa Abelleira, "todo un luxo poder contar co nome de toda unha campioa do mundo".
"Eres un orgullo para todo el fútbol gallego y un espejo en el que se miran todas las niñas que empiezan en el fútbol", díxolle o presidente dá RFGF, Rafael Louzán.
Louzán fíxolle entrega a Tere dunha camiseta da Selección Galega co seu nome e tamén deu as grazas á nai e aos familiares da xogadora, especialmente aos seus avós que "son parte muy importante de sus éxitos".
Tanto á RFGF como ao Concello de Pontevedra, Tere entregou unha camiseta súa da Selección Española xa coas estrela conquistada en Australia.
RUBIALES
Rafael Louzán confirmou que asistirá á convocatoria extraordinaria da Asemblea da Real Federación Española de Fútbol prevista este venres na Cidade do Fútbol de Las Rozas e á que non asistirá ningún dos clubs profesionais. "Yo he visto que algunos no van a asistir pero yo creo que por respeto a la convocatoria creo que tenemos que asistir", dixo.
O presidente da Federación galega dixo ser "consciente de la situación que estamos viviendo" e indicou que "yo apelo a la unidad del equipo que hemos trabajado durante mucho tiempo".
Respecto ao escándalo do bico non consentido do presidente da Federación Española de Fútbol Luís Rubiales á xogadora Jenni Fermoso, Louzán manifestou que "son errores que se cometen en la vida" e destacou que "ha pedido disculpas".
Ante a insistencia das preguntas dos xornalistas Louzán engadiu que neste caso, "como nos pasó a muchos, yo he visto a muchos compañeros incluso de medios vuestros que en principio no le dieron la dimensión que después fue cogiendo la situación".
"Yo sé que la sociedad española está preocupada con esta situación, porque es la verdad, pero yo creo que debemos centrarnos en lo importante que es que haber llegado hasta aquí con Tere y con el equipo no ha sido nada fácil. Conseguir esto (la Copa del Mundo de Fútbol) es algo increíble aunque yo creo y entiendo que en este momento se le está dando una magnitud más importante quizá a lo otro", declarou o presidente da RFGF.
Relacionadas:
-
O deporte pontevedrés, "un piar estratéxico para o turismo e o benestar social"
Por Redacción |
-
Tere Abelleira, incluída na esperada primeira lista de Montse Tomé na Selección Española Absoluta
Por Diego Espiño |
-
Pasarón, candidato a acoller en decembro un partido da Selección Española Absoluta Feminina
Por Diego Espiño |
-
"Nin somos falsas feministas nin consentimos acusacións de verdadeiros machistas"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
A conduta de Rubiales é "intolerable" e "no representa los valores que quiere transmitir el deporte" asegura Tere Abelleira
Por Oskar Viéitez |
-
Tere Abelleira: "Que ningún éxito das mulleres futbolistas e deportistas sexa manchado por ningún tipo de comportamento"
Por Almu Dapena |
-
Tere Abelleira: "Pontevedra es campeona del mundo y hay que celebrarlo"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O PSOE, a favor de nomear a Tere Abelleira Filla Predilecta e de "calquera proposta que supoña un recoñecemento"
Por Natalia Puga |
-
O PP solicita formalmente que Tere Abelleira sexa Filla Predilecta de Pontevedra
Por Natalia Puga |
-
A Deputación convida os clubs da provincia á súa propia homenaxe a Tere Abelleira
Por Diego Espiño |
-
Honras para España e para Tere Abelleira, "o auténtico metrónomo da Selección"
Por Diego Espiño |
-
A familia de Tere Abelleira, emocionada co Mundial: "Non son capaz de nin falar do contenta que estou"
Por Diego Espiño |