Pontevedra goza dunha tarde de saltos na rúa
Por Redacción & Cristina Saiz
O mellor atletismo encheu unha vez más as rúas de Pontevedra coa sétima edición do Saltar na Rúa, que achegou á Praza da Ferrería tres disciplinas atléticas de saltos: lonxitude, triplo e salto con pértega.
A partir das 19:30h comezou o espectáculo que atraeu a veciños, visitantes e curiosos que quixeron aprender un pouco máis deste deporte e, en especial, do salto de pértega.
Este ano, a VII edición contou con tres dos mellores saltadores do atletismo galego como Jean Marie Okutu en salto de lonxitude; Luis Fernando Moro en salto con pértega; e José Alfonso Palomanes no triplo salto e dous dos mellores atletas portugueses de saltos do momento.
Os atletas participantes foron, en salto de lonxitude, Marina Artemia Pérez, Juan Piñeiro, Celia Fernández, Sergio Coello, Andrea Villaverde, Jean Marie Okutu, a portuguesa Ana Rita Silva e Raúl Cortizo.
En triplo salto participaron Irati Legazpi, Matías Moldes, Uxía Paz, Xoel Otero, Ariadna Gil, Marcos Caldeira, Alba Martínez e Alfonso Palomanes e, en salto con pértega, Marina Artemia Pérez, Nerea Fernández, Manuela Blanco, Lola Bouza, Tomás López, Pablo Fernández, Luis Fernando Moro e Miguel Cajaraville.
A proba estivo organizada pola Sociedad Gimnástica de Pontevedra en colaboración co Concello de Pontevedra.