A elite galega junior do skateboard cítase en Baltar
Por Redacción
O skatepark de Baltar converterase o vindeiro sábado no escenario, por segundo ano consecutivo, do circuíto galego junior de skateboard. A proba contará cun total de 60 participantes chegados desde distintos puntos de Galicia.
Nela, daranse cita riders coñecidos como o coruñés Luis Cabarcos Méndez, que acaba de quedar primeiro en Portugal e no campionato sub16 de España.
O presidente da escola Viejo Lobo School, Sergio Martínez, presentou este mércores o circuíto acompañado do concelleiro de Deportes, Marcos Guisasola.
A proba comezará ás 15:00 horas, aínda que xa pola mañá haberá adestramentos nas pistas, segundo indicaron os organizadores. Prevén terminar sobre as oito e media da tarde.
“Queremos achegar o skate a todo o mundo e animar aos nenos e nenas que veñan coñecernos e a probar un deporte diferente. Vai haber bo ambiente e moito talento novo”, asegurou Martínez.
Trátase do segundo ano que o circuíto se realiza en Sanxenxo, que ten unhas instalacións "únicas", indicou o seu responsable, porque "se adaptan tanto á iniciación no deporte como a probas xa deste tipo cuns módulos moi ben deseñados e un chan idóneo para a práctica de skate”.
O concelleiro de Deportes, Marcos Guisasola, asegurou pola súa banda que o Concello está "encantado" de acoller actividades deportivas diferentes que atraian visitantes ao municipio.