Recepción a Celia Lima, subcampioa no Europeo junior de salvamento e socorrismo
Por Redacción
O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, recibiu no Concello a Celia Lima Luaces, veciña de Tourón e subcampiona co equipo feminino no Campionato Europeo Júnior de Salvamento e Socorrismo.
A carreira deportiva da nadadora é para enmarcar, con numerosas medallas autonómicas e nacionales para, nesta ocasión, sumar dous metales europeos: unha plata co equipo feminino e un bronce na proba por equipos de salvamento con tubo de rescate.
O rexedor felicitouna por estas dúas importantes xestas e desexoulle o maior dos éxitos no Campionato de España que se celebrará en Ceuta entre o 29 de setembro e o 1 de outubro.
Ademais, agradeceulle "que o seu esforzo e os méritos deportivos que está a acadar deixen quedar ben alto o nome de Ponte Caldelas alá onde compite".