![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/460/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MgJyq/Lzc52L8gt0zCwMdI_/_wNDHSSU/NKUot0SvILlKxrAQ==_/64fc502f44-fasd.jpg)
© Concello de Pontevedra
O Concello promove reunións veciñais para explicar o dispositivo previsto durante o Tríatlon
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/f8e/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/64fc503ab8-fdds.jpg)
© Concello de Pontevedra
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/2f2/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjK0UipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0inJL1CyrgUA_/64f6fcf676-20230905-patxot-lores-eva-vilaverde-policia-local-1611.jpg)
© Mónica Patxot
Para xerar o menor número de molestas á veciñanza durante a Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon, o Concello promoverá unha serie de reunións coa veciñanza dos puntos máis afectados polas restricións e limitacións contempladas no dispositivo especial de tráfico.
A primeira será o vindeiro martes 12 de setembro ás 20:00 horas no salón de actos da sede da Cruz Vermella, na rúa do Padre Gaite. Na reunión están convidados todos os veciños e veciñas da contorna do CGTD.
Ao día seguinte a mesma hora, a reunión será nun espazo dentro dun dos edificios xa concretado coa Policía Local e notificado no lugar. Esta será para a veciñanza que vive nos edificios construídos sobre o terreo da antiga Tafisa.
Desde o Concello indican que, ao longo dos vindeiros días, serán axendadas xuntanzas cos veciños e veciñas de Cerponzóns, Alba e Lérez.
Ademais, lembran que para obter información concreta e personalizada sobre a operatividade viaria da cidade está dispoñible o teléfono 986 833 080.
A concelleira de Deportes, Anabel Gulías, que asistirá a estas xuntanzas, recorda que a colaboración cidadá "é imprescindíble á hora de poder realizar eventos deste tipo na cidade. Agradecemos e estamos orgullosas da relación que a veciñanza mantén con este tipo de citas, amosando sempre comprensión e interese para que poidan ser levadas a cabo", sinala.
Relacionadas:
-
España presenta a súa armada para a Gran Final: "O público de Pontevedra vainos axudar moito"
Por Redacción |
-
Unha 'galFESTA' poñerá o punto musical á Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon
Por Diego Espiño |
-
"En toda Pontevedra e Sanxenxo non hai un sitio libre" polo tríatlon
Por Diego Espiño |
-
Dispositivo especial de tráfico e mobilidade durante a Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon
Por Almu Dapena & Mónica Patxot |