Pontevedra despide a Costa Atlántica MTB Tour despois de tres días de puro mountain bike
Por Redacción
Pontevedra despediuse este domingo da Costa Atlántica MTB Tour despois de tres intensos días nos que as bicicletas de montaña encheron a cidade.
A primeira das etapas tivo un percorrido de 3 quilómetros polo centro histórico da Boa Vila, onde as escaleiras e rúas estreitas ofreceron un auténtico espectáculo para os afeccionados.
O sábado celebrouse a etapa máis longa, de 81 quilómetros e 1800 metros de acumulado positivo con percorrido polo monte Castrove ata Meaño e baixada polo roteiro dos muíños. Chegaron a Cambados e despois a Ribadumia, para subir polo roteiro da Pedra e da Auga ata o Mosteiro de Armenteira, continuar cara a Castrove e regresar Pontevedra.
O peche da competición celebrouse este domingo, cun complicado circuíto de montaña cheo de carreiros e espectaculares vistas á Ría desde o banco de Pastoriza, a Cruz de Hermelo, a subida ao monte Paralaia ou o Lago Castiñeiras.
Unha vez percorridos os 65 quilómetros, os corredores regresaron á Ferrería onde se celebrou a entrega de premios da etapa e da xeral.
Relacionadas:
-
Tres días de infarto de ciclismo "puro e duro" coa nova edición da Costa Atlántica MTB Tour
Por Alejandro Espiño |
-
A Fracha recupera a súa competición de descenso BTT
Por Redacción |
-
Espectáculo no centro histórico coa primeira etapa da MTB Tour
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Montaña e cidade combinaranse nunha espectacular Costa Atlántica MTB Tour
Por Redacción |