O Pontevedra afronta parte dos pagamentos pendentes a empregados e plantel
Por Diego Espiño
A xornada deste venres trouxo unha boa noticia para empregados e plantel do Pontevedra Club de Fútbol, aos que o club granate aboou parte dos atrasos pendentes.
Con esta inxección económica, aos xogadores do primeiro equipo só lle restaría por cobrar unha nómina para estar ao corrente, a do mes de decembro.
No caso dos empregados da entidade contaban con máis mensualidades pendentes, pero paulatinamente realizáronse aboamentos para ir regularizando a súa situación.
Aínda que non quixo aclarar cantos pagamentos se realizaron, o presidente do Consello de Administración, José Manuel Fernández, si confirmou a operación, que confía poder repetir nas próximas semanas ata que o club se poña ao día.