Presentado o primeiro Torneo Pontevedra Internacional Junior U14 de tenis: "Van vir xogadores de moito nivel"
Por Diego Espiño
As instalacións do Club de Tenis Pontevedra na Caeira serán escenario do 16 ao 23 de setembro do primeiro Torneo Pontevedra Internacional Junior U14, incluído dentro do circuíto Tennis Europe Junior Tour.
A competición, que dará comezo a fin de semana coa súa fase previa, reunirá na Boa Vila a tenistas de varias nacionalidades, novas promesas que buscan progresar a nivel internacional.
"Van vir xogadores de moito nivel e seguro que se van a ver moi bos partidos", asegurou este xoves na presentación do torneo Carlos Coira, técnico da Federación Galega de Tenis, xunto ao director do torneo, representantes do club organizador, patrocinadores e o Concello de Pontevedra.
A competición iniciarase con 64 tenistas na súa fase previa, 32 en categoría feminina e outros tantos na masculina, na busca de 8 billetes para o cadro final do torneo, que se empezará a xogar o luns 18 do mesmo xeito que a modalidade de dobres.
Desde esa xornada iranse desenvolvendo roldas elminatorias ata as finais previstas para o sábado 23 de setembro desde as 10.30 horas.