O Waterpolo Pontevedra volve mirar cara a México para reforzar o seu equipo de Primeira Nacional
Por Redacción
O segundo proxecto consecutivo do Club Waterpolo Pontevedra en categoría nacional, concretamente na Primeira División Nacional Feminina, suma unha nova peza.
Do mesmo xeito que a pasada campaña, cando a entidade pontevedresa buscou talento novo alén do charco para elevar o nivel do plantel, a segunda fichaxe da nova tempada aterra desde México.
Trátase de Martha Dalahy Castillo Jaramillo, xogadora de só 19 anos que "vén co obxectivo de contribuír ao persoal para chegar a obter todas as metas marcadas por club", sinala o Waterpolo Pontevedra.
A súa fichaxe únese ao da balear Marina Sastre, anunciado con anterioridade.
Martha Dalahy segue desta forma o camiño aberto hai un ano polos seus compatriotas Alejandra Gallegos e Karla Hernández, que contribuíron á gran tempada do Waterpolo Pontevedra en Primeira Nacional.