Antía García agranda o seu palmarés con dúas pratas e tres bronces no Europeo de Salvamento
Por Redacción
Ata cinco medallas conseguiu Antía García nas probas de piscina do Campionato de Europa de Salvamento e Socorrismo celebrado na localidade belga de Bruxas.
Por unha banda, a deportista caldense do Club Acuático Umia agrandou o seu xa extenso palmarés con dúas medallas de prata nas probas individuais, grazas a senllos segundos postos nos 100 metros aletas e os 100 metros socorrista.
Na final dos 100 metros aletas Antía asinou un tempo de 52.14 segundos, a só dúas décimas da campioa, a Italiana Valentina Pasquino, mentres que nos 100 socorrista só foi superada pola alemá Undine Lauwerwald.
Ademais a deportista do Acuático Umia participou en tres medallas de bronce conseguidas polos equipos de remudas, concretamente no 4x50 combinado, o 4x25 remolque maniquí e o 4x50 substitución mixta, asinando nas dúas primeiras categorñias o récord de España.
Estes cinco metais únense a unha colección particular que xa conta entre outros éxitos cun Campionato do Mundo (Australia 2008) e unha prata nos World Games (2022).
Relacionadas:
-
Éxito de participación e público no III Trofeo de Salvamento Caldas Vila Termal
Por Redacción |
-
O Club Acuático Umia completa co título de liga galega a súa mellor temporada da historia
Por Redacción |
-
Antía García pecha o Mundial de Salvamento cunha medalla de bronce
Por Redacción |
-
Antía García conduce a Galicia ao subcampeonato no nacional de seleccións autonómicas de salvamento
Por Redacción |
-
Antía García consegue cunha prata nos World Games a medalla que lle faltaba
Por Diego Espiño |