Pablo Dapena finaliza no posto 17 o Challenge de Mallorca
Por Almu Dapena
Comeza a conta atrás para a despedida como triatleta profesional de Pablo Dapena, que competiu este sábado na que, nun principio, será a súa penúltima proba na elite do tríatlon: o Challenge Peguera de Mallorca.
Nun día de auténtica calor e cun cadro de persoal repleto das caras coñecidas, Dapena volveu á competición asinando un 17 posto na carreira, cun tempo de 3 horas, 58 minutos e 10 segundos.
O primeiro en saír da auga foi o alemán Wilhelm Hirsch cun crono de 24:08, liderando un grupo de 20 deportistas entre os que se atopaban o pontevedrés e o catalán Iñaki Baldellou.
No segmento ciclista, formouse un quinteto liderado por Rico Bogen (Alemaña), Alistair Brownlee (Reino Unido), Mathis Margirier (Francia), Youri Keulen (Países Baixos) e Wilhelm Hirsch, aínda que seguidos moi de preto polo alemán Frederic Funk, que foi recortando posicións.
Margirier chegou en primeira posición á T2, en segundo lugar accedeu Bogen, que caeu ó chan ao baixarse da bici, Brownlee, Keulen e Hirsch. Con máis de tres minutos de distancia baixouse un grupo liderado por Funk e no que se atopa Baldellou. Dapena, pola súa banda, chegaba na posición 18.
Xa no tramo de carreira, o pontevedrés logrou recortar para entrar en meta no posto 17, a 16:58 minutos do líder Youri Keulen, que venceu cun tempo de 3:41:12. Mathis Margirier foi segundo a 2:59 e Alistair Brownlee, terceiro a 4:15.
Relacionadas:
-
Bágoas, moito agarimo e un terceiro posto na última carreira de Pablo Dapena como triatleta profesional
Por Almu Dapena |
-
Pablo Dapena anuncia a súa retirada: "Motivo só hai un e o máis importante, pasar máis tempo coa miña familia"
Por Diego Espiño |
-
Pablo Dapena volve á competición cun sexto posto no IM 70.3 Knokke-Heist: "Non foi sinxelo este camiño"
Por Diego Espiño |
-
Pablo Dapena e a cara B do deporte de elite: "Sentín ansiedade e a miña cabeza desconectouse do corpo"
Por Diego Espiño |