Gas Natural Fenosa corta a luz ao Pontevedra a pesar de estar ao corrente no pagamento
Por Diego Espiño
O Estadio Municipal de Pasarón quedou temporalmente sen luz tras a "decisión unilateral" de Gas Natural Fenosa de cancelar o contrato de subministración eléctrica co Pontevedra Club de Fútbol.
Así o confirmado o presidente granate, José Manuel Fernández, quen asegurou que "el club ha pagado todas sus facturas, la última de 3.200 euros" e que o motivo esgrimido pola empresa é a "evolución de las variables eléctricas a nivel mundial y en España en particular".
José Manuel Fernández: "El club ha pagado todas sus facturas, la última de 3.200 euros"
Fenosa anunciou a decisión de renegociar o contrato enerxético o pasado 29 de outubro mediante burofax, instando a unha negociación que finalmente non se produciu.
Ante esta circunstacia o Pontevedra solicitou presupostos con outras empresas do sector, chegando a aceptar unha proposta de Iberdrola que está en proceso de formalizarse.
O problema é que este corte "sin previo aviso" chega sen tempo de traspasar o contrato de compañía, co prexuízo que iso supón para a actividade diaria do club, polo que "el Pontevedra Club de Fútbol en defensa de sus intereses acudirá a donde tenga que acudir", afirmou Fernández.
José Manuel Fernández: "El partido ante el Arosa se va a celebrar"
O presidente do Consello de Administración garantiu ademais que "el partido ante el Arosa se va a celebrar" utilizando se é necesario o xerador de emerxencia co que conta o estadio e que xa se está a poñer a punto.
O corte da subministración eléctrica afecta tamén ás oficinas da Federación Galega de Fútbol, pero non así ás instalacións de Protección Civil, que contan cun contrato independente.
Relacionadas:
-
José Manuel Fernández: "A la plantilla se le debe ahora el mes de febrero"
Por Diego Espiño |
-
Deputación e Concello tildan de "atropelo" e "comportamento impresentable" a actuación de Fenosa en Pasarón
Por Oskar Viéitez & Alejandro Espiño |
-
Gas Natural Fenosa repoñerá a luz en Pasarón e argumenta que rompeu o contrato por "continuas demoras nos pagamentos"
Por Redacción |