Rafael Jódar e Alena Kovackova triunfan no 21 Torneo ITF Internacional Júnior de Sanxenxo
Por Redacción
O Círculo Cultural Deportivo Sanxenxo baixou o pano da edición número 21 do ITF World Tennis Tour Junior tras unha semana de competición marcada pola choiva e polo alto nivel competitivo mostrado polos participantes.
Algúns dos mellores xogadores do mundo en categoría xuvenil pasaron polas pistas de Sanxenxo, nunha competición que concluíu o domingo coas finais individuais.
En categoría masculina o vencedor foi finalmente o máximo favorito, Rafael Jódar, ao superar no partido polo título o polaco Tomasz Berkieta por 6-4 e 6-4.
"Agradezo todo o apoio do público, que me fixeron sentir moi cómodo, coma se xogase na casa", sinalaba tras o triunfo o madrileño.
Pola súa banda na final feminina a triunfadora foi a checa Alena Kovackova, deixando sen premio á alacantina Charo Esquiva en dúas mangas por 6-2 e 6-3.
Relacionadas:
-
Xapón e Portugal triunfan en Sanxenxo no Torneo Internacional Cadete de Tenis
Por Redacción |
-
O Torneo Internacional Cadete de Sanxenxo inicia a súa fase final
Por Redacción |
-
O CCD Sanxenxo, orgulloso tras a edición "máis difícil" do seu Torneo Internacional Júnior
Por Diego Espiño |
-
O Torneo Internacional ITF Júnior de Sanxenxo desafía o clima coa axuda do Club de Tenis Pontevedra
Por Redacción |
-
A choiva condiciona o inicio do 21 Torneo Internacional ITF Júnior de Sanxenxo
Por Redacción |