Pontevedreses, Moreira fálavos a través de YouTube
Por Redacción
'EscuchaPontevedra' xa esta na Rede. ÿ a nova canle do Partido Popular de Pontevedra na plataforma Youtube, na que xa están publicados os dous primeiros vídeos e que se enmarca dentro da súa aposta por crear un entorno tecnolóxico no que "invita os pontevedreses e outros usuarios a formar parte de todas as actividades que desenvolve o partido".
A canle estreouse o 16 de febreiro coa publicación da intervención do candidato do PP á Alcaldía, Jacobo Moreira, na Convencion Nacional 2015 do partido e inclúe un video de produción propia titulado 'El rural, según Lores' no que comparan a dotación de servizos na parroquia de Marcón entre o lugar no que reside o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e outros camiños. Logo de amosar esas imaxes, lembran que todos os veciños de Pontevedra merecen os mesmos servizos, pois "non hai pontevedreses de primeira e de segunda".
Un acceso directo a esta canle é unha das novidades da nova web que os 'populares' estrearon este luns. O partido presume de que a páxima ten un "deseño renovado, máis dinámico e práctico" e fomenta a participación cidadá.
A web inclúe información detallada sobre Jacobo Moreira e un espazo no que os visitantes poderán interactuar directamente con él, a través de Facebook, Twitter e correo electrónico. Neste novo espazo tamén se impulsa o contacto directo entre os distintos membros que forman o Partido Popular de Pontevedra e os cidadáns, para que poidan expoñer as súas necesidades, valoracións, inquedanzas e críticas.
A páxina inclúe un apartado denominado 'A pé de rúa' no que se contará o traballo que Jacobo Moreira vén desenvolvendo día a día xunto aos veciños.
Relacionadas:
-
O video entra en campaña: Todos por Pontevedra vs PP
Por Redacción |
-
"Pontevedra no la inventó Lores", o PP arroupa ao candidato Moreira para aprobar a súa "asignatura pendiente"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Moreira encara a carreira á Alcaldía de Pontevedra co reto de "devolverle el liderazgo económico"
Por Natalia Puga |
-
O PP afirma que os veciños de Mourente e de Bora temen que o Concello os deixe sen saneamento
Por Redacción |
-
O PP culpa á falta de orzamento da ausencia de "claridade e transparencia" nas contas municipais
Por Alejandro Espiño |