Jacobo Moreira propón modificar os xardíns do primeiro tramo da Avenida de Marín
Por Oskar Viéitez
O candidato popular á Alcaldía de Pontevedra, Jacobo Moreira desprazouse este xoves ata a Avenida de Marín para presentar unha proposta de mellora nesta zona que incluirá no seu programa electoral consistente en trasladar os dous carrís de dirección Marín ao lugar que ocupa a medianeira, entre as árbores.
Deste xeito consíguese un mellor aproveitamento dos espazos xa que manteríase o fluxo de tráfico con catro carrís, pero permitiría gañar un espazo peonil máis amplo para uso dos cidadáns, sinalou Jacobo Moreira, que avanzou que incluso poderíase prolongar esta proposta en dirección Marín ata onde o ancho da vía o permite.
Este proxecto tería un custo aproximado de 200.000 euros, cantidade similar ao gasto que supuxo poñer lastras nun tramo de Benito Corbal.
Imos darlle a volta á forma de facer as cousas. A nosa filosofía non é desfacer o realizado polo goberno anterior, senón tratar de mellorar o existente, matizou Jacobo Moreira.
A medianeira converteuse nun lugar inutilizado polos veciños, un espazo rodeado de vehículos que supón un perigo para os rapaces. Incluso o concurso para xestionar a cafetería quedou deserto, en dúas ocasións, porque a ningunha empresa lle parece atractivo iniciar o seu negocio neste lugar. ÿ evidente que esta parte da obra foi unha inversión estéril, advertiu o candidato popular.
Jacobo Moreira sinalou que este é un simple exemplo de cómo se poden planificar mellor os investimentos que se fan cos cartos dos cidadáns.