O PSOE da Lama denuncia que o alcalde ten 15 persoas censadas na súa casa
Por Oskar Viéitez
O Partido Socialista denunciará ante a xunta electoral, estatística e o Xulgado de Garda, que unha casa vinculada co alcalde da Lama e candidato á reelección polo Partido Popular, Jorge Canda, ten, a un total de 15 persoas censadas nese domicilio, entre elas, a avogada do Concello.
Dáse a circunstancia de que os censos nesta casa xa foron denunciados con anterioridade polos socialistas nas convocatorias municipais dos anos 2007 e 2011.
PontevedraViva puido consultar as follas do censo e nelas figura que nunha soa casa, situada na Pedreira figuran un total de 15 persoas censadas.
Ademais, segundo aseguraron dende o PSOE da Lama, noutro número dese mesmo lugar, nunha casa propiedade dun irmán do alcalde, está censada a exmuller do rexedor, quen vive en Ponte Caldelas, segundo "coñece todo o pobo", en palabras dos socialistas.
O PSdeG tamén denunciará que o secretario interventor do Concello da Lama, nunha propiedade "dunha exfuncionaria" da Casa do concello, aínda que é coñecido que ten a súa vivenda habitual en Vigo", onde ten un piso.