Moreira percorre a cidade en autobús para amosar a súa proposta de transporte público urbano
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
Jacobo Moreira, candidato do Partido Popular á alcaldía, realizou un percorrido en autobús por un circuíto urbano acompañado por representantes veciñais e por membros da súa candidatura coa intención de mostrar a súa proposta para que un transporte público urbano.
O candidato popular, que vestía unha camisa branca co logo da súa campaña impreso, indicou durante esta visita que aposta por unha rede de autobuses públicos como principal fórmula para evitar a presenza de coches no centro da cidade. Segundo os cálculos realizados polos populares, 400.000 persoas utilizarían este servizo ao longo de todo un ano e os gastos situaríanse entorno a 1,5 millóns de euros ao ano. Moreira indicou que cun billete de 0,90 céntimos se cubrirían 360.000 euros do total e o resto dos gastos deste servizo público tería que ser pagado polo Concello de Pontevedra a través dunha achega de 1,147 millóns de euros, que se verían rebaixados polas axudas por parte da Xunta e por parte de Fomento.
Jacobo Moreira criticou que o transporte a Monte Porreiro custe na actualidade 1,40 euros e lamentou a falta dun transporte metropolitano que permita conectar á cidade coas parroquias e con outras urbes do ámbito, tal e como está a potenciar a Xunta de Galicia, sinalou o cabeza de lista popular.
Dende o PP tamén sinalan que se establecería un billete único con transbordo gratuíto cun servizo que iría de luns a domingo dende as 7.00 ás 22.00 horas e con media de 15 minutos durante os días laborables. Na proposta popular establécense bonos para desempregados, xubilados e estudantes.
O presidente local do Partido Popular indicou que a ruta destes autobuses se desprazaría por puntos fundamentais da cidade dende o edificio administrativo da Xunta de Galicia, pasando polos xulgados da Parda, Montecelo, Monte Porreiro e a avenida de Marín.
Relacionadas:
-
Máis gasto e programas de emprego específicos, propostas de Jacobo Moreira no ámbito social
Por Alejandro Espiño |
-
Moreira aposta por construír un novo parque de bombeiros cambiando a súa situación
Por Diego Espiño |
-
Jacobo Moreira establecerá a obriga de incluír carril bici en todos os novos proxectos de reforma urbana
Por Oskar Viéitez |