Rajoy, agredido en Pontevedra: a imaxe do ano
Por Redacción
Se hai unha imaxe de 2015 que quedará no recordo dos pontevedreses, esa é sen dúbida a de Mariano Rajoy tras ser agredido por un mozo durante un paseo pola súa cidade.
Esa fotografía, realizada por Mónica Patxot para PontevedraViva -a primeira que mostraba ao presidente do Goberno tras o suceso-, deu a volta ao mundo, sendo portada en todos os medios nacionais e internacionais. É, a xuízo de moitos xornalistas españois, a imaxe do ano pola relevancia da noticia.
Todo ocorreu o pasado 16 de decembro. Rajoy protagonizaba un paseo electoral por Pontevedra, acompañado entre outros da ministra de Fomento, Ana Pastor. Na praza da Peregrina achegóuselle o seu agresor, un mozo de 17 anos que, aproveitando o tumulto que rodeaba ao dirixente popular, golpeouno violentamente na cara facéndolle saltar as lentes.
O menor, que foi reducido inmediatamente polos escoltas do presidente e detido posteriormente pola Policía Nacional, foi despedido entre aplausos duns e improperios doutros.
Desde que se produciu a agresión, sucedéronse as mostras de solidariedade con Rajoy que, esa mesma noite retomaba a súa axenda pública cun mitin na Coruña e, ao día seguinte, confirmaba que non presentaría denuncia contra o mozo que lle pegou a puñada.
A pesar diso, o mozo foi ingresado por orde do xuíz nun centro de menores de Ourense, imputado por un delito de atentado á autoridade, pero agravado pola persoa vítima das súas accións, un presidente do Goberno. Podería ser condenado a unha pena de ata seis anos de internamento.
Relacionadas:
-
Un acordo extraxudicial implicará a absolución de 'Capi' por agredir un líder de Vox
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
VIDEO.- Pontevedra, protagonista no Carnaval de Cádiz pola agresión a Rajoy
Por Alejandro Espiño |
-
Internan nun centro de menores ao mozo que agrediu a Rajoy
Por Natalia Puga & Mónica Patxot | Creada e actualizada
-
PontevedraViva e Diario de Pontevedra, referentes a nivel mundial pola agresión a Rajoy
Por Redacción |
-
O avogado do agresor de Rajoy: "En el fondo él también es una víctima"
Por Mónica Patxot & Natalia Puga |
-
Quen é o menor que agrediu a Rajoy?
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot & Marisa Ciordia | Creada e actualizada
-
Un menor agride a Rajoy durante o seu paseo electoral en Pontevedra
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot | Creada e actualizada