Os socialistas apostan por recuperar a gratuidade dos libros de texto conseguida polo goberno de Touriño
Por Oskar Viéitez
"Feijóo ostenta a dubidosa honra de ser quen iniciou en este país os grandes recortes na educación pública. Recordemos que o seu primer paso como presidente da Xunta foi eliminar a gratuidade dos libros de texto conseguida polo goberno socialista de Touriño. A continuación viñeron os grandes recortes no orzamento educativo e a supresión de preto de 3.000 prazas de docentes no ensino público", afirmou este luns a candidata socialista Patricia Vilán.
Para os socialistas, Feijóo foi o "precursor avantaxado do nefasto ministro Wert".
Nun acto de reparto de propaganda electoral entre o alumnado universitario do campus de Pontevedra, Patricia Vilán anunciou que se acadan o goberno da Xunta os socialistas recuperarán os niveis de inversión e recursos recortados por Feijóo, "implementaremos unha axenda de urxencia que permita paralizar os efectos perniciosos da LOMCE e elaboraremos un Libro Branco do Sistema Educativo Galego, realizado por expertos independentes do goberno, que sirva de base para un gran proceso de participación democrática e debate da sociedade galega, nomeadamente da comunidade educativa, que remate nunha Lei Galega de Educación".
Respecto das ensinanzas artísticas superiores e, concretamente, da Escola de Restauración de Pontevedra, "promoveremos a súa incorporación ao sistema universitario a través dun período de adscripción, que virá acompañado do necesario plan de financiamento".
Relacionadas:
-
Tomar "moi en serio" a política forestal, proposta do PSdeG-PSOE para os montes galegos
Por Redacción |
-
Os socialistas apostan por unha nova Lei do Solo e máis apoio aos PXOM dos concellos
Por Redacción |
-
O PSOE promete construír unha política social a partir dos "escombros" que deixa Feijóo
Por Redacción |
-
Patricia Vilán propón elaborar un Plan Integral do Deporte Galego despois do 25-S
Por Redacción |
-
A campaña electoral comeza cunha atípica pegada de carteis
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |