O PSOE promete construír unha política social a partir dos "escombros" que deixa Feijóo
Por Redacción
O CEIP Campolongo foi o escenario elixido polas candidatas socialistas Patricia Vilán e María Pierres para manter con colectivos sociais da cidade un acto sectorial no que avanzaron as liñas mestras que se inclúen no programa electoral do PSOE para as eleccións galegas.
As socialistas lamentaron os sete anos de "voadura e privatización sistemática" das políticas de benestar social que instaurou o goberno de Touriño, pero prometeron que os socialistas construirán unha alternativa a partir dos "escombros" que deixa Feijóo.
"A escusa da crise foi un paraugas perfecto para xustificar a aplicación das políticas de dereitas de Feijóo que non cree nin na igualdade nin na solidariedade. Transformou a política social en caridade ou negocio", explicou María Pierres,
Ambas candidatas destacaron que "hai moito traballo que facer" en materia de política social e as súas propostas parten dunha "alianza social" coa cidadanía de Galicia.
Así, prometen xerar emprego de calidade como ferramenta contra a exclusión social, impulsar un sistema galego de protección social, ou mellorar o ingreso social básico, xa que aseguran que hai que habilitar fórmulas que melloren "substancialmente" o actual RISGA .
Ademais, elaborarán un Plan Estratéxico de Servizos Sociais 2018-2024, que contará con tres grandes pactos: un pacto galego pola infancia, un pacto galego para a autonomía persoal e un pacto galego contra a pobreza e a exclusión social.
"O noso programa é un plantexamento ambicioso do futuro. Non só non imos a deixar a ninguén no camiño senón que está pensado para recuperar a eses milleiros de persoas con nome e apelidos que as políticas do PP e Núñez Feijoo foron abandonando", afirmou Patricia Vilán.
Relacionadas:
-
Os socialistas avanzan as principais infraestruturas que ofrecerán para Pontevedra
Por Redacción |
-
Tomar "moi en serio" a política forestal, proposta do PSdeG-PSOE para os montes galegos
Por Redacción |
-
Os socialistas apostan por unha nova Lei do Solo e máis apoio aos PXOM dos concellos
Por Redacción |
-
Os socialistas apostan por recuperar a gratuidade dos libros de texto conseguida polo goberno de Touriño
Por Oskar Viéitez |
-
Patricia Vilán propón elaborar un Plan Integral do Deporte Galego despois do 25-S
Por Redacción |
-
Os socialistas apostan por impulsar o pequeno e mediano comercio como motor económico
Por Redacción |