Rueda destaca que o PP só fala "de lo que va a pasar en Galicia y no de otra cosa"
Por Alejandro Espiño
Na recta final da campaña electoral, a loita contra a abstención parece ser un dos grandes cabalos de batalla dos partidos políticos. "Entiendo que la gente está muy cansada tras cuatro campañas en un año", recoñeceu Alfonso Rueda. Pero o candidato do PP por Pontevedra reiterou que "sería muy mala noticia" que a xente non fose votar o 25-S.
"No es solución quedarse sin votar. Cuanto más voten y manifiesten su opinión democrática mucho mejor", asegurou o dirixente popular.
Para combater esta situación, nesta última semana os populares van redobrar os seus esforzos para chegar á cidadanía con "mucha calle" nas principais localidades da provincia e volverán contar coa presenza do presidente do Goberno en funcións, Mariano Rajoy.
"Nos dedicaremos a explicar, con tranquilidad, lo que hicimos y lo que queremos hacer, y luego que los ciudadanos decidan, que nunca se equivocan", sinalou Rueda.
O PP é o único partido, dixo, que nesta campaña electoral "hablamos de lo que va a pasar en Galicia y no en otra cosa" e que conta cun candidato claro para a presidencia da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.
Nunha posible alternativa de esquerdas, advertiu, "no sabemos quién sería el presidente" xa que PSdeG-PSOE, En Marea e BNG "no saben decir quién sería" o líder dun executivo do cambio.
Ademais, o candidato do PP recoñeceu que "no me gusta nada" que todas as enquisas sexan favorables para os seus intereses "porque eso puede hacer que algunos piensen que hay que relajarse y que la victoria está cerca", xa que lembrou que "tuvimos sorpresas" con este tipo de estudos e el, dixo, "me fío poco de ellas".
Relacionadas:
-
Alberto Núñez Feijóo percorre as rúas de Pontevedra animando os cidadáns a votar
Por Cristina Saiz | Creada e actualizada
-
Pablo Casado contrapón a "centralidad y moderación" de Feijóo coa "radicalidad" do resto de candidatos
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Alfonso Rueda amosa o seu apoio á Fundación Galega contra o Narcotráfico
Por Redacción |
-
Rueda, con Feijóo en Vilagarcía e Portas: "O PP aspira a bater récord por arriba e o PSOE a facelo por abaixo"
Por Redacción |
-
O PP comprométese a traballar para mellorar a "excelencia" dos mercados galegos
Por Redacción |
-
Beatriz Mato reitera en Lourizán que o saneamento da ría é "prioritario" para o PP
Por Redacción |