Sen incidencias en Pontevedra na apertura dos colexios electorais
Por Alejandro Espiño
A xornada electoral comezou sen incidencias na provincia de Pontevedra. As 1.341 mesas electorais, situadas en 686 puntos de votación, puideron ser constituídas con total normalidade. Desde as nove da mañá xa están abertas ao público para que os pontevedreses poidan depositar o seu voto.
Así o destacou en rolda de prensa o secretario xeral da Presidencia, Manuel Galdo.
Un total de 643.522 pontevedreses estamos chamados ás urnas este domingo 25 de setembro. O censo electoral en Pontevedra complétase coas 128.159 persoas orixinarias da provincia que residen actualmente fóra de Galicia.
Toda a información desta xornada electoral poderase consultar a través da páxina web que puxo en marcha a Xunta: http://eleccions2016.xunta.gal/.
Ademais, a seguridade tamén será un aspecto de especial atención nesta xornada do 25-S. Máis de 2.000 axentes están despregados na provincia para vixiar o desenvolvemento da xornada.
Serán en total 1.112 efectivos da Garda Civil e 852 da Policía Nacional. A eles sumaranse tamén axentes da Policía Autonómica e das correspondentes policías locais dos concellos pontevedreses.
Relacionadas:
-
RADIO.- Conversas na Ferrería: Un día traballando para a democracia
Por Marisa Ciordia |
-
Núñez Feijóo, imbatible: o PPdeG revalida a maioría absoluta e gobernará Galicia catro anos máis
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
Os candidatos coinciden en chamar á participación para decidir o "futuro" de Galicia
Por Alejandro Espiño |
-
A participación nas eleccións do 25-S en Pontevedra, a un nivel similar á de 2012
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado | Creada e actualizada
-
Os candidatos refúxianse nas súas familias na xornada de reflexión para o 25-S
Por Alejandro Espiño |
-
Case 800.000 pontevedreses teñen dereito a votar o 25-S
Por Redacción |