A participación nas eleccións do 25-S en Pontevedra, a un nivel similar á de 2012
A participación nas eleccións galegas estáncase. Tras aumentar a presenza de votantes nas primeiras horas do día, con respecto ao sucedido catro anos antes, a medida que foi pasando a xornada os datos entre ambas as citas electorais igualáronse.
Así, a Xunta informou que ás cinco da tarde, hora que estaba prevista para facer público o segundo avance de participación neste 25-S, un 42,29% dos pontevedreses con dereito a voto acudiron ás urnas.
Trátase de tres décimas menos que nas eleccións de 2012. Entón, votaran a esa mesma hora un 42,57% dos electores na provincia.
Iso si, os pontevedreses fomos máis madrugadores que hai catro anos á hora de exercer o noso dereito ao voto nas eleccións galegas.
Ata as 12.00 horas -o momento marcado para dar a coñecer os primeiros datos de participación- votara o 14,21% do censo electoral na provincia, fronte ao 11,95% que o facía á mesma hora en 2012.
Toda a información desta xornada electoral poderase consultar a través da páxina web que puxo en marcha a Xunta: http://eleccions2016.xunta.gal/.
Pontevedra vota nas eleccións galegas do 25-S
Desde primeira hora da mañá, os pontevedreses -do mesmo xeito que o resto dos galegos- estamos a participar nas eleccións do 25-S
© Diego Torrado
Relacionadas:
-
Núñez Feijóo, imbatible: o PPdeG revalida a maioría absoluta e gobernará Galicia catro anos máis
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
Os candidatos coinciden en chamar á participación para decidir o "futuro" de Galicia
Por Alejandro Espiño |
-
Sen incidencias en Pontevedra na apertura dos colexios electorais
Por Alejandro Espiño |
-
Os candidatos refúxianse nas súas familias na xornada de reflexión para o 25-S
Por Alejandro Espiño |
-
Case 800.000 pontevedreses teñen dereito a votar o 25-S
Por Redacción |