Claxxon anima a xornada de descanso dos Mundiais de tríatlon
Por Redacción & Xan Xiadas
Non houbo actividade deportiva pero a programación de actividades do ITU Multisport non se detén. Un concerto da banda Claxxon animou a noite deste mércores a Praza de España, aproveitando que a xornada de descanso da competición.
As súas versións de cancións de pop rock desde os anos 70 ata a actualidade, todas elas con personalidade propia, soaron no escenario do tríatlon. O grupo pontevedrés ofreceu así unha montaxe espectacular de iluminación e son que fixo as delicias do público.
En paralelo ás probas deportivas, a música regresará á Praza de España este xoves, ás nove da noite, coa actuación de Baiuca.
Trátase dun proxecto moi persoal do músico Alejandro Guillán que tenta achegar a tradición galega á vangarda e á música electrónica.
Relacionadas:
-
Pontevedra vibra nun multitudinario fin de festa do ITU: "Palabra que isto algún día se repetirá"
Por Redacción & Xan Xiadas |
-
Tripla medalla galega nas probas sub-23 e júnior do Mundial de acuatlón
Por Diego Espiño & Xan Xiadas |
-
A música etnoelectrónica de Mercedes Peón sorprende ao público na Praza de España
Por Oskar Viéitez & Xan Xiadas |
-
Panorama asombra a triatletas e afeccionados co seu concerto no ITU Multisport
Por Redacción & Xan Xiadas |
-
Malkeda pon o peche musical á primeira xornada do ITU Multisport
Por Redacción & Xan Xiadas |