Centro de Especialidades Audiológicas, un referente nacional desde Pontevedra
O Centro de Especialidades Audiológicas, situado na rúa Frei Xoán de Navarrete 8 de Pontevedra, é un referente nacional en ofrecer solucións auditivas.
A súa directora a audióloga Cristina Sáez cunha traxectoria de máis de 25 anos, desde que creou o Instituto Gallego de Audiología, fixo unha paréntese duns anos onde se dedicou á investigación e docencia na Universidade de Santiago, alí volveu escoitar a persoas insatisfeitas cos seus audiófonos e pensou que merecían que se lles dedicase "tempo e esforzo". Esta reflexión deu paso á decisión de volver ter contacto directo co paciente a través do Centro de Especialidades Audiológicas.
"A xente que nos coñece sabe que nós non somos unha cadea de venda de audiófonos e isto fai que non esteamos sometidos á presión das vendas nin de obxectivos económicos, somos simplemente unha clínica especializada en solucionar os problemas auditivos con total independencia".
Esta filosofía de traballo converte ao Centro de Especialidades Audiológicas na mellor alternativa fronte a problemas auditivos. Non só falamos de perda auditiva e de adaptación de audiófonos, falamos tamén de tratamento de acufenos, rehabilitación auditiva, adestramento auditivo, estudos audiolóxicos, problemas vestibulares, en definitiva todo o relacionado coa saúde auditiva e as súas repercusións.
O Centro de Especialidades Audiológicas é o único centro con habilitación de atención pediátrica.
Para ofrecer unha atención integral contamos con equipos de última xeración, apunta Natalia Carnero que leva desde o ano 94 formando equipo con Cristina.
Apunta Natalia tamén que os principais cambios viñeron dados pola formación dos especialistas unido aos avances tecnolóxicos. "Empecei traballando con audiófonos nos que só se podían adaptar tres parámetros e hoxe en día pódense adaptar infinitos, de aí a diferenza entre unha boa adaptación e a mellor adaptación posible".
En todos estes anos evidenciouse que a idade dos pacientes á hora de querer corrixir o seu problema auditivo descendeu drasticamente.
Tamén sinala Natalia que a adaptación a temperá idade axuda a retardar a deterioración cognitiva, xa que se demostrou que hai unha relación directa desta coa perda auditiva.
Apunta a directora que no Centro de Especialidades Audiológicas creamos un vínculo persoal co paciente que nos facilita o éxito nas adaptacións. Somos un equipo multidisciplinar formado por Natalia, Sara, Jesús e Eu onde cada un ten unha función ben definida pero as decisións son compartidas.
Investigamos constantemente e aplicamos ou desbotamos as novas técnicas unha vez contrastadas.
Preguntamos cales son a marcas das que dispoñen no Centro de Especialidades Audiológicas e Sara Refojo coméntanos "a nosa marca estrela é Resound, líder mundial en tecnoloxía, ao mesmo tempo traballamos con outra marcas seleccionadísimas do mercado para poder cubrir calquera tipo de necesidade tanto estética como audiolóxica. Buscamos sempre os mellores laboratorios que nos garantan o produto, porque a nosa razón de ser son pacientes satisfeitos".