Plans para comer na Feira Franca... e todo o ano
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Esta primeira fin de semana de setembro Pontevedra fai unha viaxe no tempo ata a época medieval coa celebración da Feira Franca.
Dous días de festexos que conmemoran un feito histórico: a concesión á cidade, no ano 1467 por parte do rei Enrique IV, do privilexio de poder celebrar durante un mes un mercado libre de impostos.
Dende o ano 2000, a Boa Vila transfórmase nunha vila medieval que asiste á recreación de oficios, obradoiros e exhibicións de artes propias do século XV.
Rúas engalanadas e veciños e visitantes lucindo vestimentas de época participan nas variadas actividades.
Un apartado especial merecen os banquetes medievais.
Para comer ou cear, os locais de Pontevedra e arredores teñen opcións tanto para gozar deste tempo festivo como durante todo o ano.
Estes son os "Plans para comer" nesta Feira Franca… e todo o ano: