Dous campións olímpicos de tríatlon apúntanse á I Travesía a Nado Río Lérez
Por Diego Espiño
A proximidade coa Gran Final das Series Mudniales de Tríatlon e a posibilidade de probar a zona de natación que se usará nos mundiais vai provocar unha participación de auténtico luxo na I Travesía a nado Río Lérez que organiza o Club Natación Galaico e que se celebrará este sábado 16 de setembro.
Ademais dos máis de 200 deportistas anotados para o evento, correspondente ao Circuíto Galego de Augas Abertas, os triatletas terán un papel protagonista con varios nomes propios.
Dous deles son de feito campións olímpicos e mundiais, auténticas figuras do deporte internacional.
Por unha banda en categoría masculina participará na travesía o noruegués Kristian Blummenfelt, ouro nos Xogos de Tokyo e campión mundial non só en distancia olímpica senón tamén de Ironman e 70.3, e que leva xa uns días en Pontevedra preparando a súa participación no Gran Final.
Tamén a proba feminina terá unha fugura do máximo nivel coa estadounidense Gwen Jorgensen, campioa olímpica en Río 2016 e dúas veces ouro mundial (2014 e 2015).
Completa a nómina de campións mundiais a húngara Zita Kuttor-Bragmayer, campioa de acuatlón.
Será a guinda a unha xornada deportiva na que se espera vivir un gran ambiente na contorna da praia fluvial, con actividade desde as 15.45 horas e durante boa parte da tarde.
Relacionadas:
-
Kristian Blummenfelt, campión olímpico de tríatlon: "Estou sorprendido do deportiva que é esta cidade"
Por Diego Espiño |
-
Cristian Fernández: "Que a Gran Final sexa aquí é como para un futbolista que a final da Champions sexa na súa cidade"
Por Almu Dapena & Mónica Patxot |
-
O noruegués Blummenfelt non pode con Marcos Vila, o gañador da I Travesía a Nado Río Lérez
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Dúas probas deportivas obrigan a restrinxir o tráfico na contorna do Lérez durante a fin de semana
Por Redacción |
-
Non falta nin un: Unha lista de saída elite coa flor e nata do tríatlon olímpico actual
Por Almu Dapena |
-
Máis de 200 rexistrados para estrear a travesía a nado do Río Lérez
Por Diego Espiño |
-
Unha travesía a nado polo río Lérez, aperitivo ás Series Mundiais de Tríatlon
Por Redacción |