Lores participa no debate sobre políticas municipais fronte á contaminación atmosférica no Cumio do Clima
Segunda intervención do alcalde de Pontevedra no COP25 que se celebra en Madrid ata o 13 de decembro. Lores participou xunto a Begoña Villacís, tenente de alcalde de Madrid; Óscar Puente, alcalde de Valladolid; Eloi Badia, concelleiro de Emerxencia climática e transición ecolóxica de Barcelona, e Francisco Fonseca, representante en España da Comisión Europea. A mesa foi moderada por Faustino Blanco, secretario de Estado de saúde e consumo
© Concello de Pontevedra