Cumio do Clima | Lores afirma na COP25 que Pontevedra ten cumprido a maioría de obxectivos da axenda 2030
Por Redacción
Por segunda vez esta semana, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores participaba no Cume do Clima COP25 de Nacións Unidas, que se celebra en Madrid ata o 13 de decembro.
Nesta ocasión, foi un dos relatores na mesa de debate que levaba por título 'As políticas municipais fronte á contaminación atmosférica e o cambio climático'. Trátase dunha actividade paralela que organiza o Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social no espazo administrado pola Unión Europea, dentro do Ifema. A intervención levaba a cabo na tarde deste sábado.
O alcalde foi convidado para presentar a experiencia de Pontevedra como cidade exemplo de boas prácticas en hábitos saudables. Faustino Blanco, secretario de Estado de saúde e consumo, presentaba a Fernández Lores como unha persoa moi activa e convidoulle a explicar as causas do impulso da cidade.
O rexedor explicaba que Pontevedra leva dúas décadas seguindo as pautas da carta de Aalborg, adoptadas no cume de Río, coa idea de respectar os espazos urbanos, que noutras cidades están afectados polo uso do vehículo privado que evita a ocupación cidadá do espazo público.
Por este motivo, Lores engadiu que Pontevedra ofrece uns resultados que superan as previsións da Axenda 2030 xa neste 2019 e, a continuación, sinalou que non se está a avanzar o suficientemente por parte dos Estados, das empresas e tamén por parte dalgúns municipios para evitar o cambio climático.
Durante o debate, segundo fontes do Concello, tomouse a Pontevedra como punto de referencia para outras cidades como Madrid, Barcelona ou Valladolid.
Nesta intervención, Fernández Lores estivo acompañado pola tenente de alcalde de Madrid, Begoña Villacís; o alcalde de Valladolid, Óscar Puente; o concelleiro de Emerxencia climática de Barcelona, Eloi Badia; e Francisco Fonseca, representante en España da Comisión Europea.
Relacionadas:
-
Pontevedra, unha 'cidade 10' que foi protagonista no Cumio Mundial do Clima
Por Alejandro Espiño |
-
Fernández Lores, en Torrelavega: "comprar un coche no equivale a tener aparcamiento gratis"
Por Redacción |
-
Proxecto piloto en Benito Corbal: a cantidade e tipo de iluminación varían segundo avanza o día
Por Redacción |
-
COP25: Carmela Silva sinala á igualdade e á transición ecolóxica coma "os dous grandes retos do mundo"
Por Redacción |
-
Pontevedra regresará ao Cumio do Clima para falar da saúde nas cidades
Por Alejandro Espiño |
-
Cumio do Clima | Lores advirte que "non hai escusas" para non "facer cousas xa" para combater a crise climática
Por Alejandro Espiño |