COP25: Carmela Silva sinala á igualdade e á transición ecolóxica coma "os dous grandes retos do mundo"
Por Redacción
A presidenta da Deputación de Pontevedra Carmela Silva participou este venres na clausura do Cume do Clima COP25 onde sinalou á igualdade e á transición ecolóxica coma "os dous grandes retos do mundo".
Carmela Silva interveu na mesa de debate "Os compromisos internacionais dos gobernos locais", no marco da xornada "Os retos dos gobernos locais fronte ao cambio climático", que foi inaugurada no IFEMA de Madrid polo Secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán, e polo presidente da FEMP Abel Caballero.
Silva reivindicou na súa intervención a importancia do local para facerlle fronte á emerxencia climática: "non teño ningunha dúbida, o mundo local é o gran centro da acción polo clima".
Ao respecto da Deputación de Pontevedra, a presidenta detallou que a institución provincial fixo unha auditoría para coñecer o seu grao de cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e "deunos unha porcentaxe moi elevada, o 91% do cumprimento. O noso obxectivo é chegar ao 100%".
Tamén aproveitou a presidenta para sinalar algunhas das actuacións que está a desenvolver a Deputación de Pontevedra neste eido, como o plan de tratamentos sólidos, baseado na compostaxe e ao que cualificou como "o máis ambicioso que existe no mundo", os proxectos de mobilidade para recuperar o espazo público para as persoas ou a aposta por produtos de proximidade.
Relacionadas:
-
Pontevedra, unha 'cidade 10' que foi protagonista no Cumio Mundial do Clima
Por Alejandro Espiño |
-
A Deputación de Pontevedra xa forma parte da Rede Española de Cidades polo Clima
Por Redacción |
-
Cumio do Clima | Lores afirma na COP25 que Pontevedra ten cumprido a maioría de obxectivos da axenda 2030
Por Redacción |
-
Cumio do Clima | Lores advirte que "non hai escusas" para non "facer cousas xa" para combater a crise climática
Por Alejandro Espiño |
-
A Deputación de Pontevedra, invitada a participar na clausura do Cumio Mundial do Clima
Por Redacción |