Cara a cara #311: Como xestionar a auga

Radio
17 de setembro 2022
Actualizado: 27 de novembro 2024

Enrique Varela Álvarez, decano da Facultade de Dirección e Xestión Pública da Universidade de Vigo.

Cara a cara #311: Como xestionar a auga

A auga motivou conflitos políticos, xeopolíticos e estratéxicos, é causa de migracións e tamén sostén a vida. Poñer sobre a mesa o debate sobre o futuro da xestión da auga "non pode ser conxuntural porque é un problema planetario" e por tanto "hai que sacalo das modas e das axendas electorais", é unha das afirmacións que deixa Enrique Varela Álvarez neste 'Cara a cara'.

Enrique Varela é decano e profesor da Facultade de Dirección e Xestión Pública da Universidade de Vigo, situada no Campus de Pontevedra. Forma parte de equipos de investigación en cooperación territorial e transfronteiriza en España, Portugal, Europa e América. Tamén é asesor de COXAPO, unha asociación sen ánimo de lucro que creou un sistema de gobernanza ao redor das traídas para uso doméstico.