A big band Marcos Pin Factor E-Reset dá paso ao jazz na Ferrería con el multiinstrumentista Richard Bona

Pontevedra
23 de xullo 2014

Os dez músicos da big band Marcos Pin Factor E-Reset ofreceron o segundo gran concerto do Festival Internacional de Jazz e Blues na Praza do Teucro na noite deste martes 22

Concerto de Marcos Pin Factor L-Reset no Festival Internacional de Jazz e Blues

O músico camerunés Richard Bona será o primeiro en subir ao escenario da Praza da Ferrería dentro da programación de concertos do Festival Internacional de Jazz e Blues que se está a desenvolver ao longo desta penúltima semana de xullo.

Bona é baixista e multiinstrumentista, ademais de compositor, cantante, produtor, enxeñeiro de son e unha figura do jazz contemporáneo. Este músico é capaz de conservar as súas raíces musicais e combinalas con outros ritmos como o latin jazz, o tango, o pop africano ou o cabaré parisiense. Ten colaborado con músicos como Bobby McFerrin.

A partir das 22.30 horas, o artista africano subirá á Praza da Ferrería nun novo concerto gratuíto desta edición do Festival que está a contar con numerosa presenza de público.

MARCOS PIN FACTOR E-RESET

A big band de Marcos Pin Factor L-Reset puido comprobar a calor dos afeccionados ao jazz en Pontevedra durante o concerto celebrado na noite deste martes 22 na Praza do Teucro. Os dez músicos desta banda galega presentaron os temas do seu disco 'Barbanza'.