A sétima arte ocupa a rúa

Pontevedra
02 de xullo 2017

Despois dunha noite de cinema na rúa, o Festival Internacional, Novos Cinemas, proxecta este domingo a película de animación "A vida de Cabaciña" e o clásico de Terrence Malick "Badlands", antes da entrega de premios ás películas gañadoras nas distintas seccións

Novos Cinemas aúna cinema de verán e música na Praza da Pedreira Diego Torrado

Despois dunha noite de cinema na rúa, o Festival Internacional, Novos Cinemas, proxecta este domingo a película de animación "A vida de Cabaciña" e o clásico de Terrence Malick "Badlands", antes da entrega de premios ás películas gañadoras nas distintas seccións. A cerimonia dará comezo ás nove da noite no Teatro Principal.

Máis de corenta traballos visionáronse nestes seis días de festa do cinema contemporáneo máis emerxente.

Na sección oficial nove filmes optan aos premios á mellor longametraxe, outorgados polo Xurado Internacional e polo Xurado Novo.

Na sección Latexos, concibida para achegar ao público un cinema máis oculto e emocional, na súa maioría inédito no noso país, compiten outros catro filmes polo Premio Especial Numax.

Ademais, outorgarase por parte do público o premio Cinemas Galicia, de axuda á distribución, en colaboración con Agadic.