BDra Gráfica confirma a Pontevedra como "un dos referentes do cómic a nivel estatal"

Pontevedra
22 de maio 2025
Actualizado: 24 de maio

Kiko da Silva e Miguel Anxo Fernández Lores inauguran a terceira edición do festival, que terá ata ou domingo a 25 autores convivados e unha carpa con 24 postos de venda de librarías e editoriais

Inauguración da terceira edición do festival BDra Gráfica

BDra Gráfica, o Festival da Banda Deseñada de Pontevedra, chegou á súa terceira edición, segundo o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, consolidada como "un dos referentes do cómic a nivel estatal".

O festival abriu este xoves as súas portas na Praza da Ferrería cunha inauguración oficial que dá paso a catro días nos que a cidade se converte en capital da novela gráfica, coa visita de 25 autores de proxección internacional convidados.

O impulsor do festival e director de O Garaxe Hermético, Kiko da Silva, inaugurou a cita cultural mostrando o seu orgullo polo apoio da súa cidade de adopción á novena arte e asegurando que a deste 2025 é unha edición "moi especial" que confirma que o proxecto segue a crecer e polo "esforzo" do Concello por facer cinco exposicións en paralelo ao festival.

Como xa ocorreu en 2024, BDra Gráfica sae á rúa e ten na Praza da Ferrería unha carpa con 24 postos de librarías de Pontevedra, Vilagarcía e Santiago e editoriais de Galicia e do resto de España.

Inauguración dá terceira edición do festival BDra GráficaMónica Patxot

Este acto de sacar a cultura á rúa é, para Da Silva, "moi fermoso" porque non soamente permite celebrar a banda deseñada, senón tamén "algo moi importante", a creación e aos cradores, "nun momento no que a intelixencia artificial está a atacarnos aos creadores dunha maneira bastante inxusta".

Kiko Da Silva lembrou que os creadores hai anos que reivindican unha lexislación que lles protexa ante o avance da intelixencia artificial, pois é un avance tecnolóxico que "pode ser moi útil, pero, como todos os avances tecnolóxicos, tamén pode ser moi destrutivo si non se utiliza como ten que utilizarse".

Até o 25 de maio, a carpa estará aberta de 11 a 14 horas pola mañá e de 17 a 22 pola tarde.

En canto ás exposicións, 'Da idea ao Cómic' estará até o 1 de xuño na Ferrería. Os autores convidados mostran ao aire libre, paso a paso, os seus métodos persoais de traballo.

'Contrapaso', de Teresa Valero estará no Espazo Nemonón até o 1 de xuño e permitirá descubir o proceso de creación da autora.

No Teatro Principal estará até o 1 de xuño unha exposición de Angie Roia, gañadora do VI Premio O Garaxe Hermético 2025 e a mostra 'Mi otra vida', de Miguel Rojo.

Na Fundación Moldes, estará até o 2 de xuño 'Corto Maltés', de Rubén Pellejero e Diez Canales, que mostrará o proceso de creación dos libros de Curto Matés continuando as aventuras do personaxe creado por Hugo Pratt.

A "xoia da coroa" deste ano será unha exposicón na rehabilitada Casa Consistorial. Será 'A historia da BD en 40 orixinais', con 40 orixinais do coleccionista e divultador do cómic Jaume Vaquer.

"Encantado" de inaugurar este festival, Lores destacou que "cada ano crece con máis forza, máis talento, máis paixón pola novena arte" e que este ano homenaxea a Rubén Pellejero.