A Banda de Música de Salcedo e a Unión Musical de Meaño pecharon a novena edición do Ciclo de Bandas de Música coa presenza de numeroso públlico nas butacas do Teatro Principal. A actuación estaba previsto que se desenvolvera na Praza do Teucro pero a inestabilidade meteorolóxica obrigou a trasladar o concerto ao recinto cuberto.
Ambas agrupaciones interpretaron a obra Libertadores de ÿscar Navarro como broche final a este evento. Os preto de 150 músicos que forman parte das dúas bandas subíronse ao escenario para ofrecer unha peza que provocou o entusiasmo entre o públcio.
Antes, a Unión Musical de Meaño ofreceu obras como Blades of Toledo de Trevor L. Sharpe, A Viaxe de Magallanes de Nairo Tamamoco, Carmen Fantasy de Bizet/Suzuki e Malagueña de Ernesto Lecuona, baixo a dirección do mestre Diego Javier Lorente López.
E a Banda de Música de Salcedo, anfitriona deste ciclo, ofreceu un repertorio formado pola A Miña Nai de Roque Baños, Ventos e Tangos de Michael Gandolfi, Huapango de José Pablo Moncayo e Arabesque de Samuel R. Hazo, baixo a batuta do mestre José Alfredo Sánchez Murcia.
Os seguidores da música destas agrupacións contarán cun novo ciclo, denominado Música de Bandas (do 5 ao 23 de agosto), no que participarán ademais das de Salcedo e Pontevedra, numerosas bandas e corais galegas.