A Asociación Cultural 'As Gharbosas', fundada recentemente en Vilagarcía, celebrará a primeira Foliada do Piñeiriño o 13 de xuño. A iniciativa estará protagonizada pola música e a cultura tradicional galega.
Esta organización realiza encontros semanais todos os xoves no local da Asociación Veciñal Breogán.
A proposta busca fomentar a foliada como un encontro comunitario, favorecendo a cultura e participación dos veciños e veciñas, nun momento de perda destes espazos grupais e deste tipo de relacións. Desta forma, recupérase a esencia destas reunións musicais, con canto e baile.
Durante a xornada, terán lugar diversos talleres de música e baile tradicional, ademais de exposicións e unha feira de artesanía. Todas as actividades van dirixidas a un público xeral, buscando unha participación activa.
Proximamente anunciaranse máis detalles sobre esta festividade, como o grupo musical que abrirá a foliada.
A asociación organizou unha rifa para cubrir os gastos do evento, ao prezo de 1 euro. Ademais, Ana Nogareda, encargada da tenda Na Ristra, que confecciona traxes tradicionais galegos, colaborou cunha doazón que será o premio da rifa: un pano de seda valorado en 130 euros.
Por outra banda, a asociación estará comprometida coa conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres. Desta forma, colocará un punto violeta para informar e atender ante calquera caso de agresión sexual, para poder actuar en caso de violencia machista.
A I Foliada do Piñeiro conta coa colaboración do Concello de Vilagarcía de Arousa e a axuda da Asociación Veciñal Breogán.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.